martes, 18 de octubre de 2011

Boletín Exfimiño nº 33

   
 Boletín Informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa 
Número 33                                                                      outubro 2011
                                                                                                        Coordinador Luciano Lomba Vicente


O pasado mes de febreiro a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa convocou a os nenos e nenas dos colexios de A Guarda, cunhas idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos a participar nun concurso de debuxo para ilustrar un selo de A Guarda.
            En total participaron mais de 200 nenos e nenas pertencentes a os centros de : Carmelitas; Somascos; A Sangriña e Solanas.
            O 23 de maio no local de Sociedade Filatélica e Numismática guardesa Se reuniu o xurado composto por os señores/as. Dña Alicia Alonso, Dña Chuny Vázquez, D. Ricardo Rodríguez,  D Luciano Lomba, D José A. Gándara.
            Os cales deciden o orden dos ganadores do I Concurso Escolar.

            1º Premio.
            Miguel González  (colexio Carmelitas)
2º Premio.
            Antia Encisa González  (colexio A Sangriña)


3º Premio.
            Cesar Romero Fajar  (colexio A Sangriña)








Os gañadores en compañía dos seus respectivos pais  serán invitados a inauguración  da Exposición EXFIMIÑO 2011  a celebrar os días 12 ata o 16 de outubro  nos salóns do Recreo Artístico Guardes donde se fará entrega dos premios a os gañadores.






Este ano celebramos  a XXVI edición da exposición  EXFIMIÑO, e en esta ocasión o homenaxeado e D. Antolín Silva Vicente, un dos vocais da primeira xunta directiva e un dos fundadores da Sociedade Pro-Monte
En esta edición contase coa  emisión dun matásellos  e de dous selos personalizados 

Matasellos e o sello ganador de 1º concurso de dibuxo



Sello personalizado de la Voz del Tecla
         Antolín Silva Vicente (1872-1943) foi vogal da Sociedade Pro Monte Santa Tecla entre 1912 e 1919. Ademais do seu paso por esta asociación, a súa principal participación na vida pública guardesa produciuse durante os anos da Segunda República ao ocupar a alcaldía entre maio de 1933 e marzo de 1936, sendo xa síndico en 1931 e rexedor en 1932.

Antolín Silva Vicente

Ao igual que a maioría dos fundadores de Pro Monte, Antolín Silva tamén foi emigrante a Puerto Rico, sen dúbida seguindo os pasos do seu irmán maior Primitivo Silva Vicente. En Puerto Rico Antolín traballou nos negocios de tabaco do tamén guardés Luciano Lomba Vicente quen, ao retirarse en 1895 fundou a sociedade Sucesores de Luciano Lomba (1895-1900?), unha empresa tabaqueira na que Antolín Silva aparecía xa como un dos seus socios xestores, con tan só 23 anos.
 Non obstante ao ano seguinte enfermou e viuse na necesidade de separarse da compañía e retirarse a España. Este feito permitiu que todo o seu enorme talento empresarial se desenvolvese xa na súa vila natal onde en pouco tempo se converteu nun destacado armador de barcos e industrial da lagosta.
A vinculación de Antolín Silva Vicente co mundo das lagostas e das embarcacións débese, sen dúbida, ao seu parentesco co mariño mercante Francisco Zaragoza Segarra, natural de Villajoyosa (Alicante), o primeiro en instalar unha cetaria en A Guarda, segundo sinala o estudoso do tema José Antonio Uris Guisantes. E é que o seu fillo José Zaragoza Zaragoza casara en 1895 con Eufrosina Silva Vicente, irmá do Antolín Silva Vicente. Así é como moi pronto, en 1897, atopámonos a Antolín solicitando permiso para construír unha cetaria entre a praia da Area Grande e o porto. Pouco despois, en 1903, facíao para a construción dun depósito de salazón de peixes en Mazaracos, na entrada do porto. Probablemente xa por entón formaríase a sociedade Antolín Silva e Cía. Exportadores de Lagostas co seu socio e cuñado José Zaragoza. E ante a necesidade de ter embarcacións «langosteiras», Antolín Silva tamén se converteu en armador de barcos. Así, sinala Uris Guisantes, no ano 1918 participou nun 75% na construción do veleiro paquebote Río Miño nos estaleiros Candeira. Pero como armador Antolín Silva foi máis alá chegando a dispoñer dun estaleiro propio no mesmo lugar de O Pasaxe, ao aire libre, con bancada e taller, no que se construíron buques de madeira de 200 toneladas.
 Segundo parece o éxito nos negocios acompañouno o resto da súa vida. Así, no ano 1935, con 63 anos e sendo alcalde do seu pobo, Antolín Silva declaraba nun artigo de prensa que a súa cetaria A Morea debía ter ao redor de 4.000 lagostas, as maiorías das cales se vendían en Madrid, Barcelona e Zaragoza.
 Por aquel entón a sociedade chamábase Serafín Flores e Cía., S. L., na que Antolín era socio maioritario, en unión do tamén guardés retornado de Puerto Rico Serafín Flores Sobrino, casado coa súa sobriña Sara Zaragoza Silva. Pouco despois a empresa pasou a chamarse Antolín Silva, Flores e Cía., e tras o falecemento de Antolín no ano 1943, denominouse Antonia Giestal Vda. De Silva.
Antolín Silva Vicente casara en 1898 con Antonia Raimunda Giestal González, de cuxa unión naceron: Antonio, Antolín, Tulio, Amparo, Teresa, Leonor, Maruja, Ceo, José, Oscar, Guillermo, Jaime e Germán Silva Giestal. Ao principio o matrimonio fixou o seu domicilio na rúa Joaquín Alonso, ata que anos máis tarde a xa avultada familia pasou a residir a unha preciosa e enorme casa indiana –hoxe xa inexistente– que Antolín Silva edificou ao inicio da rúa Pacífico Rodríguez.

                                                    Texto de D. Joaquín Miguel Villa Álvarez






                                                                          
EXPOSITORES EXFIMIÑO XXVI
2011 A GUARDA

Adelino Melo Carabela…….............Correspondencia con vinhetas, além de imposto do selo

José A. Boullosa………………….…Alemania

Andrés García Pascual………………Galicia s. XIX, s.XX Marcas de Cartería

Paulo de Oliveira Sa Machado……....8º Centenario da Fundación e 3º Centenario da  Restauración de Portugal

Marcelino Portela Lorenzo………….España 1º Centenario

Luciano Lomba Vicente…….............Del Monasterio Rural a la Catedral Urbana

Jorge Martínez Baz………………….Ese desconocido principio

Alfonso Dorado Senra………………La Música

José A. Gándara Rodríguez…………Colón, Rumbo a las Yndias

Marta Rodríguez Verde……………..Belleza y Cosmética Natural

Almudena Taboada Lago……………El perro siempre útil

Cristina Domínguez Rotea…………..La vela a través de la historia

Manuel Martínez Martínez…………..Loterofilia Navidad Castillos de España – Matasellos de ajedrez

Joaquín Vicente Vicente……………..Maquetas de Barcos

Infomaxe……………………………..Portadas de “La Voz del Tecla”


La Voz del Tecla
Semanario guardés que aparece o domingo día 30 de abril de 1.911, e que unha vez estabilizado na súa organización, edítase os sábados o prezo de 10 céntimos, e cuio derradeiro número, o 485,  sae a rúa o 04 de setembro do 1.920
Tiña a súa sede na Praza da Constitución (Praza do Relo) nº 2 e se imprentaba na Tipografía “La Concepción” na Praza de Ignacio Sobrino, ámbalas dúas propiedade de Vicente de Vicente Táboas.
A súa posta en marcha foi por iniciativa maioritariamente dun grupo de cregos, entre os que destacan, D. Cándido Rodríguez Vicente en A Guarda, D. José Pedreira Sobrino en San Miguel de Tabagón e D. Juan Rey Iglesias en Oia e D. Martín Alvarez Alvarez en Salcidos.
O longo dos case dez anos de existencia, mantén unha liña de contraposición co Heraldo Guardés, sendo fiel o séu Programa publicado no primeiro número, “”..católico é independiente, LA VOZ DEL TECLA viene en son de paz, y su programa fundamentado en el Evangelio de Cristo, que encierra en sí el espíritu de todo orden y de todo progreso, será de justicia, de concordia, de amor para todos. LA VOZ DEL TECLA, amigo de todos, no sabrá distinguir nunca entre negros y blancos. Eso sí respetuosos y deferentes con las personas constituidas en autoridad, sean quienes fueren, tendremos para ellos un aplauso rotundo y sincero siempre que lo merezcan, o una censura imparcial y serena cuando a ella se hagan acreedores…”
A través das súas páxinas podemos coñecer o acontecer na vida das parroquias de Tomiño, Oia, O Rosal e A Guarda, (nacementos, vodas, defuncións, chegadas e saídas a emigración, deportes, festas e desgracias) xa que tiña correspondentes en todas elas.
Así mesmo, por LA VOZ DEL TECLA, sabemos os avatares dos nosos paisanos na emigración, fundamentalmente en Puerto Rico, República Dominicana, Cuba, Arxentina e Brasil.
“Nuestra guerra con Portugal en el siglo XVII” e “Ante la invasión francesa” dentro apartado de “Páginas de la Historia de La Guardia” fálanos do pasado do noso pobo, unha das persoas que máis pescudou nel como é Domínguez Fontela, as escavacións e os achádegos iniciais nas notas (El monte de Santa Tecla) de López García, ou a “Historia de Oya” na pluma de Juan Rey Iglesias, fannos presente unhas realidades descoñecidas por moitos dos baixomiñotos.
Portada do libro La Voz del Tecla

  
    
Pero ademais, a través de “LA VOZ DEL TECLA” chegamos a constitución da Sociedade Pro-Monte, a celebración da primeira Romaría do Monte Santa Tecla, a posta en marcha do Hospital Casa-Asilo, a catástrofe do aserradeiro do Pasaxe ou a gripe de 1918, ou os actos especiais nos colexios do Xesuítas e das Carmelitas.
Remata a presentación do seu programa: “…Y conste también –si es que no queda ya indicado-que LA VOZ DEL TECLA, enemigo de toda intriga, de toda insana concupiscencia, de toda albórbola, negará de continuo sus columnas a los rencorosos, a los jaraneros, a los descontentos, que pretendan, por banales frusilerias y bajo la máscara del seudónimo, zaherir o mortificar, con dichos insidiosos cuando no de burdelesca desvergüenza, a personas dignas o a respetables entidades.
Por nuestra parte, cuando acuciados por la provocación, o por el deber de nuestra conciencia, entablemos polémica, sabremos distinguir la personalidad periodística de nuestro adversario, de su personalidad individual, la que siempre pondremos a resguardo de todo ataque…”

Celso R. Fariñas
InfMAXE

FILATÉN 2010

O ano pasado celebrouse en Avilés, Asturias, o campionato de España de filatelia temática, do 19 ao 26 do mes de xuño. Participaron un total de 86, das mellores coleccións de España, ademais, nesta ocasión estaban convidados a participar os expositores de Francia, Brasil e Cuba.
           De Galicia participaron 10 coleccións 4 delas de membros da Sociedade Filatélica da Guarda, que ademais conseguiron estar entre as 5 con maior puntuación,  pódese considerar un gran éxito.
As coleccións de “Estilos arquitectónicos relixiosos de Europa” de Luciano Lomba e “Ese descoñecido principio” de Jorge Martínez Baz, consolidándose nun nivel medio das coleccións españolas.
    A colección de “Beleza natural” de Marta Verde Rodríguez, recibiu as felicitacións do xurado e publico.
Entre as tres mellores coleccións participantes con medallas de ouro e empatadas a 88 puntos estaban as coleccións de “Petróleo” de Carlos Suárez de Brasil, “A cada un os seus calzados” de Marie Ghisela Porte de Francia e a guardesa “Colón, rumbo ás Indias ”de José A. Gándara, resultou a gañadora e despois da última deliberación do Xurado levarse o Gran Premio da exposición, o maior éxito obtido, entre os moitos recibidos, por esta colección.
           Nunha cea celebrada no Palacio de Ferrara de Aviles, o día de clausura, entre outras autoridades, o Excmo. Sr. Delegado do Goberno en Asturias, D. Antonio Trevín Lombán, entrega a José A. Gándara o máximo galardón da exposición doado polo Presidente do Goberno do Principado de Asturias. Esta colección o día 20 de maio con motivo dos actos do “Día marítimo europeo” foi convidada a  participar nunha mostra filatélica en Xixón, onde estiveron presentes entre outras autoridades, os Príncipes de Asturias.

Empresas e persoas que doaron os agasallos para o concurso
I CONCURSO ESCOLAR DE DIBUXO 2011
UN SELLO PARA A GUARDA


MASTER F. VICENTE......................................................986 611 052
Visítenos y compare
Concepción Arenal, 53 Bajo-36780 A Guarda

GÁNDARA  foto Estudio..................................................986 613 678
Praza da Igrexa, 1  A Guarda


Empresas e asociacións que colaboran coa S F e N G
4MIÑO  Asesoría, Gestión, Seguros...............................986 609 459
Rúa Xulio Sesto nº 64 bajo- O Rosal

MOREIRA & CIA.............................................................986 611 343
San Roque nº 18 - 36789  A Guarda

RECREO ARTÍSTICO GUARDES
C/ Puerto Rico nº 12   36780   A Guarda

NOVACAIXAGALICIA




A SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMÍSMATICA GUARDESA

Agradece a colaboración de cantas persoas, entidades e establecementos que nos axudaron para que fora posible esta
 XXVI exposición, EXFIMIÑO 2011






No hay comentarios:

Publicar un comentario